(21/07/2008)  Esta pasada fin de semana, días 18, 19 e 20, celebrouse no Centro de Desenvolvemento Comarcal da localidade de Mondoñedo, o Seminario de Protocolo Deportivo organizado pola Fundación Azkar xunto coa Vicerreitoría de Cultura da USC e na cal colaboraron o Concello de Mondoñedo, a Área de Deportes da Deputación de Lugo, a Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia e a Fundación Deporte Galego.

Neste seminario, no cal participaron 34 alumnos e alumnas procedentes de distintos puntos de Galiza e de outras partes do estado, abordáronse distintos aspectos do protocolo deportivo como poden ser: xestionar a todos os niveis as relacións institucionais no ámbito deportivo, coñecer as especificidades do protocolo en organismos deportivos, planificar, estruturar e xestionar un departamento de protocolo, programas e xestionar calquera evento deportivo, determinar a precedencia,comunicación e protocolo, etc.

O Seminario tivo un desenrolo con sesións teóricas e prácticas e foron impartidas por dous dos mellores expertos en protocolo de España: Juan Angel Gato, Xefe de protocolo e relacións internacionais do Consello Superior de Deportes, e Gerardo Correa Sánchez, Vicepresidente da Escola Internacional de Protocolo.

Tanto na inauguración como na entrega de diplomas e clausura do seminario contouse coa presenza e participación das distintas institucións organizadoras e colaboradoras desta nova actividade formativa organizada pola Fundación Azkar.



Jacobo Gómez
Xefe de Prensa da Fundación Azkar