luns, 23 de abril de 2012
|

Este pasado venres membros do Azkar Lugo FS e da Fundación Azkar visitaron aos alumnos do CEIP Terra Chá de Villalba e así xunto a preto dun centenar de alumnos levaron a cabo unha actividade importante como foi a dunha charla a preto dos beneficios do deporte: hábitos saudables, a alimentación e sobre todo, nestas idades, a importancia de realizar deporte
|
| |
mércores, 28 de marzo de 2012
|
O Azkar Lugo FS e a Fundación Azkar colaboraron no día de hoxe coa Liga Galega de fútbol sala de Asociacións de Persoas con Enfermidades Mentais, organizada por FEAFES, o que levou nesta mañá a celebrarse en Lugo e nas instalacións do Centro Deportivo Terra unha das xornadas desta liga.
|
| |
luns, 26 de marzo de 2012
|

O pasado venres coincidindo co partido como local do primeiro equipo, o club quixo render unha merecida homenaxe aos equipos xuvenís do Azkar Lugo e do Concello de Guitiriz que en datas pasadas proclamáronse campións da liga nacional e da liga autonómica respectivamente. Un recoñecemento máis que merecido polos seus brillantes títulos ademais de ser o Concello de Guitiriz un equipo cunha vinculación especial posto que é vinculado á Fundación Azkar.
|
| |
|
|